Teses e defensa
31 de Agosto de 2021 2025-03-14 12:52Teses e defensa
Segundo o establecido no regulamento de estudos de doutoramento da UDC, non se poderá proceder ao depósito da tese doutoral ata que transcorresen polo menos 18 meses desde a admisión do/a doutorando/a no programa (30 meses no caso de matrícula a tempo parcial). A tese deberá incluír, polo menos, un resumo en galego, castelán e inglés, introdución, obxectivos, metodoloxía, resultados, conclusións e bibliografía.
Desde o inicio dos trámites para o depósito ata a defensa pública transcorrerá un tempo variable, segundo, entre outras cousas, as datas de reunión da CAPD e da Comisión Permanente da EIDUDC, ademais dos prazos mínimos esixidos para algúno dos trámites do procedemento.
Toda a información relativa ao procedemento e prazos para o depósito e defensa da tese pode consultarse na páxina web da EIDUDC a través da seguinte ligazón: https://www.udc.es/es/eid/teses/tramitaciondefensa/index.html e na guía elaborada a tal efecto (https://www.udc.es/export/sites/udc/eid/_galeria_down/tesis/Tramites_e_procedemento_defensa_tese_castelan_2018.pdf_2063069294.pdf).
Trámites e procedemento para o depósito e defensa da tese doutoral
Unha vez finalizada a elaboración da tese, o/a doutorando/a deberá solicitar á CAPD a autorización para a súa defensa. Para iso, remitirase á UADI de Oza a seguinte documentación:
- Solicitude de depósito da tese (https://www.udc.es/export/sites/udc/eid/_galeria_down/tesis/Solicitude_Autorizacion_Defensa_da_Tese2017.doc_2063069294.doc)
- Informes de valoración da tese por parte das persoas directoras/codirectoras da tese, que poderán ser favorables ou desfavorables. Se os informes son desfavorables, deberán estar motivados academicamente e en caso de non entregalos, entenderase que son favorables (descargar modelo de informe)
- Un mínimo de dous informes de persoas doutoras expertas na materia, externas á UDC, que poderán propoñer aspectos de mellora. Ditas persoas externas poderán formar parte do tribunal que avalíe a tese
- Documento de Actividades actualizado xunto coas actividades formativas levadas a cabo, e informe anual positivo da CAPD do Plan de Investigación, extraído da Secretaría Virtual do/a estudante
- 1 exemplar en formato dixital (.pdf) da tese
- CV actualizado do/a doutorando/a
- Declaración de que o exemplar dixital da tese é copia fidedigna do exemplar da tese en papel (https://www.udc.es/export/sites/udc/eid/_galeria_down/tesis/Anexo_I._Declaracion_Copia_en_Formato_Electronico_castelan.doc_2063069294.doc)
- Declaración do/a autor/a da tese doutoral para o depósito no Repositorio Institucional da UDC (RUC) (https://www.udc.es/export/sites/udc/eid/_galeria_down/tesis/Declaracion_Deposito_RUC.doc_2063069294.doc)
- Proposta do tribunal (https://www.udc.es/export/sites/udc/eid/_galeria_down/impresos/Proposta_Tribunal_Tese_RD_1393-2007_e_RD_99-2011_CAPD_2017.doc_2063069294.doc). Segundo o establecido nos artigos 26 e 27 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, o tribunal incluirá:
- 6 membros: 3 titulares e 3 suplentes.
- En ningún caso poderá formar parte do tribunal máis dun membro pertencente á mesma institución ou persoal asimilado a esta
- Se ningún membro do tribunal pertence á UDC, a CAPD deberá presentar un informe xustificativo e designar unha persoa docente da UDC como responsable da custodia das actas e a súa posterior entrega na Oficina de Doutoramento
- Presencia equilibrada entre mulleres e homes
- Informes de idoneidade de cada un dos membros do tribunal, xa que deben contar con experiencia investigadora acreditada (sexenio ou equivalente) (Declaracion de requisitos RD576_2023)
- Aceptación expresa de cada un dos membros propostos para formar parte do tribunal.
- No caso de teses con Mención Internacional:
- Documentación orixinal acreditativa da(s) estadía(s), que deberían ter sido autorizadas previamente pola CAPD.
- Informes da tese de dous expertos/as doutores/as pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non español (https://www.udc.es/export/sites/udc/eid/_galeria_down/tesis/InformeExpertosDoutoramentoInternacional.doc_2063069294.doc)
- Informe de idoneidade dos/as dous expertos/as doutores/as dun centro estranxeiro que informen a tese (https://www.udc.es/export/sites/udc/eid/_galeria_down/tesis/Informe_de_Idoneidade.galego.doc_2063069294.doc)
- No caso de teses con Mención Internacional, tanto o tribunal titular como o tribunal suplente deben contar cada un, polo menos, cun/cunha experto/a co título de doutor/a dunha institución de ensinanza superior ou centro de investigación de prestixio non español, distinto da(s) persoa(s) responsable(s) da estadía e das dous persoas expertas que informen a tese doutoral.
- No caso de teses por compendio de artigos de investigación:
- Informe dos/as directores/as da tese para a presentación por esta modalidade (https://www.udc.es/export/sites/udc/eid/_galeria_down/tesis/Informe_tese_compendio_publicacions.doc_2063069294.doc)
- Aceptación dos/as coautores/as para que o/a doutorando/a presente o(s) traballo(s) como parte da tese (https://www.udc.es/export/sites/udc/eid/_galeria_down/impresos/Aceptacion_coautor_doutor2020castelan.doc_2063069294.doc) (https://www.udc.es/export/sites/udc/eid/_galeria_down/impresos/Aceptacion_renuncia_coautor_non_doutor_2020castelan.doc_2063069294.doc)
Unha vez autorizada a presentación da tese para a súa defensa por parte da CAPD, a comisión remitirá de forma inmediata á escola de doutoramento a documentación pertinente. A partir dese momento, iniciarase o seguinte procedemento, podendo comprobar o estado de tramitación da tese a través da ligazón https://www.udc.es/es/teses/?enTramite=true:
- Prazo de depósito e exposición pública (10 días hábiles). Recibida a documentación na EIDUDC, a tese quedará en depósito e exposición pública durante 10 días hábiles en período lectivo a contar desde a súa autorización.
- Admisión ou denegación da tese a trámite para a súa defensa e nomeamento do tribunal. Transcorrido o prazo de exposición pública, a Comisión Permanente, na súa reunión mensual, admitirá (se procede) a trámite a tese e nomeará o tribunal correspondente, comunicándollo aos implicados.
- Envío dos informes dos membros do tribunal sobre a tese (20 días naturais). Unha vez recibido o nomeamento, os membros do tribunal deben enviar á EIDUDC o informe de valoración da tese, nos 20 días naturais seguintes á recepción da documentación correspondente.
- Autorización da defensa de tese (10 días hábiles). Recibidos os informes dos membros do tribunal, nos 10 días hábiles seguintes autorizarase a defensa da tese.
- Defensa da tese (3 meses). Unha vez autorizada a defensa, poderase convocar o acto de exposición e defensa pública nos 3 meses seguintes á data de recepción da documentación polos membros do tribunal. Este acto deberá convocarse cunha antelación mínima de 10 días.