Segundo prazo de admisión ao doutoramento para o curso 2025/2026
29 de Xaneiro de 2026 2026-01-29 12:55Segundo prazo de admisión ao doutoramento para o curso 2025/2026
Informámosvos do 2º PRAZO DE ADMISIÓN AO DOUTORAMENTO, sendo a preinscrición para o curso 2025/26 do 2 ao 6 de febreiro. No noso programa temos 14 prazas para cubrir. O calendario completo de admisión e matrícula podédelo consultar en:
https://www.udc.es/export/sites/udc/eid/normativa/09.-Calendario-Admisio-n-e-Matri-cula-Doutoramento-UDC-2025-2026-sin-comentarios-gal_dilixencia.report.pdf_2063069294.pdf
Coma sempre, para a admisión, cómpre que o/a aluno/a presente coa solicitude un anteproxecto de tese availado por algún dos profesores do programa, podendo estar codirixida por ata outros dous doutores que cumpran polo menos os requerimentos habituais establecidos pola UDC. Debido aos cambios introducidos polo Real Decreto 576/2023, polo menos unha das persoas que codirixan a tese debe cumprir cos novos criterios para ser director (estar en posesión dun sexenio no caso de profesores universitarios que estean en condicións de solicitalo ou experiencia investigadora equivalente para o resto de doutores).