Primeiro prazo de admisión ao doutoramento para o curso 2024/2025

Primeiro prazo de admisión ao doutoramento para o curso 2024/2025

Informámosvos do 1º PRAZO DE ADMISIÓN AO DOUTORAMENTO, sendo a preinscrición para o curso 2024/25 do 1 ao 10 de setembro. No noso programa temos 30 prazas para cubrir. O calendario completo de admisión e matrícula podédelo consultar en:
https://www.udc.es/export/sites/udc/eid/admision/12.-Calendario-Admision-e-Matricula-Doutoramento-UDC-2024-2025-gal-1.pdf_2063069294.pdf

Coma sempre, para a admisión, cómpre que o/a aluno/a presente coa solicitude un anteproxecto de tese availado por algún dos profesores do programa, podendo estar codirixida por ata outros dous doutores que cumpran polo menos os requerimentos habituais establecidos pola UDC. Debido aos cambios introducidos polo Real Decreto 576/2023, que son de aplicación para o próximo curso, polo menos unha das persoas que codirixan a tese debe cumprir cos novos criterios para ser director (estar en posesión dun sexenio no caso de profesores universitarios que estean en condicións de solicitalo ou experiencia investigadora equivalente para o resto de doutores).