Primeiro prazo de admisión ao doutoramento para o curso 2022/2023

Primeiro prazo de admisión ao doutoramento para o curso 2022/2023

Informámosvos do CAMBIO DE CALENDARIO DO 1º PRAZO DE ADMISIÓN AO DOUTORAMENTO, sendo a preinscrición para o curso 2022/23 do 1 ao 9 de setembro. No noso programa temos 30 prazas para cubrir. O calendario completo de admisión e matrícula podédelo consultar en:
https://www.udc.es/export/sites/udc/eid/_galeria_down/xestion_academica/Calendario-Admision-e-Matricula-Doutoramento-UDC-2022-2023-gal_.docx.pdf_2063069294.pdf

Como sempre, para a admisión, cómpre que o/a alumno/a presente, coa solicitude, un anteproxecto de tese avalado por un doutor e, polo menos, un dos directores debe ser profesor do noso programa (normas de admisión).