Presentación
29 de Xullo de 2021 2022-12-23 13:47Presentación
O Programa de Doutorado en Ciencias da Saúde é un título universitario oficial que aborda a formación en investigación sanitaria básica e clínica. É desenvolvido conxuntamente entre a Universidade da Coruña, eoComplexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) e o Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC).
O obxectivo deste programa é formar en competencias metodolóxicas e instrumentais para desenvolver proxectos de investigación no eido das Ciencias da Saúde, permitindo así a profesionales de dito eido comprender mellor a investigación e os seus últimos avances.
Os alumnos deste programa son preferentemente titulados en Medicina, Enfermería, Terapia Ocupacional, Fisioterapia, Podoloxía, Bioloxía, Farmacia e outras titulacións relacionadas coas Ciencias da Saúde.
O programa estructúrase en Liñas de Investigación onde se deben encadrar os traballos de teses. Estas liñas foron establecidas na memoria de verificación que a Axencia Galega para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) aprobou en septembro de 2013, autorizando a impartición deste programa.
O programa está integrado na Escola Internacional de Doutorado da Universidade da Coruña (EIDUDC), sendo a Comisión Académica do Programa de Doutorado (CAPD) a encargada dos aspectos de dirección académicos.
A UDC mantén toda a información e normativa referente aos estudos de doutorado na dirección web: https://www.udc.es/es/eid/normativa/
e, en particular, o regulamento de doutorado: https://www.udc.es/export/sites/udc/eid/_galeria_down/normativa/Reglamento_de_-Doctorado_CG_22-04-2020.-Castelan-PUBLICADO.pdf_2063069294.pdf
A Unidade Administrativa encargada da Xestión do Programa de Doutorado en Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña é a Unidade de Apoio a Departamentos e Investigación (UADI) do Campus de Oza. Tódalas dudas e trámites relacionados co acceso, admisión ou matrícula no programa, así como aquelas cuestións relacionadas coa xestión académica ou o depósito da tese doutoral no caso de alumnos xa matriculados poden dirixirse a:
Negociado da UADI de Oza
Universidade da Coruña
Campus de Oza, s/n – 15006 A Coruña
Telf.: 981 167000 ext. 5878-5879
Correo: uadi.oza@udc.es