Mención internacional
31 de Agosto de 2021 2021-08-31 12:23Mención internacional
Para obter a mención internacional no grao de doutoramento, cómpre ter cursado unha estadía mínima de 3 meses nun centro de investigación estranxeiro, segundo o artigo 40 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC (https://www.udc.es/gl/eid/normativa/).
Na ligazón https://www.udc.es/gl/eid/teses/tramitaciondefensa/index.html recóllense os trámites necesarios para obter esta mención:
- Autorización dos directores de tese para realizar estadías fóra de España.
- Autorización da CAPD para realizar estadías fóra de España.
- Certificado orixinal de cada estadía fóra de España nun centro de educación superior ou de investigación.
- Informe de idoneidade dos peritos de doutoramento pertencentes a unha institución de educación superior ou instituto de investigación fóra de España.
- Informe de tese doutoral de dous doutores externos