Matrícula

Matrícula

Unha vez rematado o prazo de preinscripción, a CAPD publicará a listaxe de admitidos e non admitidos no programa de doutorado no novo curso, según as datas establecidas no calendario oficial para cada curso académico.

Unha vez admitido debe formalizarse a matrícula en TRES PASOS:

PASO 1

A través da SECRETARÍA VIRTUAL da UDC (https://matricula.udc.es/Secretaria/Login.asp).

PASO 2

Entrega na UADI da documentación orixinal ou fotocopia cotexada en caso de non entregala con anterioridade.

PASO 3

Pago das taxas correspondentes para formalizar a matrícula na UDC dacordo cos prazos acordados polo Consello de Goberno da UDC.