I XORNADAS DE PRESENTACIÓN DE AVANCES DE TESE DO PROGRAMA DE DOUTORAMENTO EN CIENCIAS DA SAÚDE

I XORNADAS DE PRESENTACIÓN DE AVANCES DE TESE DO PROGRAMA DE DOUTORAMENTO EN CIENCIAS DA SAÚDE

Desde o Programa de Doutoramento en Ciencias da Saúde organízanse as I Xornadas de Presentación de Avances de Tese, co lema “A miña tese en 5 minutos”. Esta actividade consiste na exposición (máximo 5 minutos) das teses de doutoramento que se están a realizar no programa. Pode presentarse o plan de investigación, o seu desenvolvemento ou os resultados obtidos. As presentacións (en PowerPoint ou similar) serán expostas ao resto do alumnado e profesorado, debendo estar presentes polo menos un dos directores da tese presentada e dous membros da CAPD.

Trátase dunha actividade de participación obrigatoria durante algún dos tres primeiros anos da etapa de doutoramento para todo o alumnado con primeira matrícula desde o curso 2023-24. Polo tanto:

  • Estas xornadas están especialmente dirixidas ao alumnado con primeira matrícula no programa no curso 2023-24. No caso de non participar nesta edición, deberá facelo obrigatoriamente nas II Xornadas durante o curso 2025-26
  • Actividade opcional para o alumnado con primeira matrícula no curso 2024-25. No caso de non participar nesta edición, deberá facelo obrigatoriamente nas xornadas que se organizarán nos cursos 2025-26 ou 2026-27
  • Actividade opcional para o resto do alumnado

REALIZACIÓN DAS XORNADAS

  • Xoves 19 e Venres 20 de xuño de 2025, de 09:00 a 15:00 horas (a definir segundo o número de inscricións)
  • Presentación presencial (Aula 2 do Edificio Universitario de Oza, 3ª Planta) ou telemática vía Teams

INSCRICIÓN

ADMISIÓN

Unha vez rematado o prazo de preinscrición, o alumnado será seleccionado por orde de inscrición, priorizando o alumnado do apartado a), a continuación o do b), e por último o do c).

Confirmarase a participación e o horario de presentación na primeira quincena de xuño.