Despois da matrícula

Despois da matrícula

Nesta sección, atoparás información sobre os procedementos que debes seguir desde que formalices a túa matrícula por primeira vez neste programa ata o depósito da tese doutoral. Ademais, infórmase doutros aspectos a ter en conta para o correcto desenvolvemento de todo o doutoramento, como o seguimento da avaliación anual, o réxime de dedicación, a solicitude de prórrogas ou o réxime de baixas.

De forma xeral, debes ter en conta que:

  • O seguimento académico realízase, na súa maioría, a través da Secretaría Virtual do/a alumno/a. Trátase dunha aplicación web (https://matricula.udc.es/Secretaria/Login.asp) para a que tes as túas claves de acceso. Se no é así, conségueas.
  • As persoas titoras que pertencen ao programa teñen as súas propias claves e modos de acceso á Secretaría Virtual para os trámites que lles corresponden (https://matricula.udc.es/docentes/Login.asp), sendo responsables de aprobar as avaliacións e validar os méritos a través da secretaría virtual
  • As comunicacións que se realicen en relación co doutoramento faranse, por defecto, ao correo que teñas como alumno/a da Universidade de A Coruña (xxx@udc.es).*
  • A unidade administrativa do programa é a UADI de Oza. Todas as dúbidas administrativas han dirixirse a esa unidade.

*En cumprimento do disposto no Regulamento Xeral de Protección de Datos da Universidade de A Coruña (aprobado polo Consello de Goberno de 23 de xullo de 2019), “a conta de correo electrónico institucional é o enderezo oficial para as notificacións por correo electrónico” (punto 14.4. o uso de correo electrónico e ferramentas informáticas). En consecuencia, calquera comunicación por correo electrónico debe realizarse sempre a través do seu correo electrónico UDC.

Deseguido, resúmense os procedementos que debes seguir como estudante deste Programa de Doutoramento, tanto durante o primeiro ano académico como nos sucesivos, ata o momento do depósito da túa tese doutoral. Lembra que a duración máxima dos estudos de doutoramento é de catro anos (sete anos no caso de que a túa matrícula sexa a tempo parcial). Doutra banda, a súa duración mínima é de 18 meses (30 meses se a túa matrícula é a tempo parcial), é dicir, non se poderá proceder ao depósito da tese para o seu defensa ata transcorridos, polo menos, 18 ou 30 meses desde a túa admisión no programa, respectivamente.

  1. Primeiro ano académico
  2. Segundo ano académico
  3. Terceiro ano académico e seguintes
  4. Dedicación a tempo parcial
  5. Prórroga
  6. Baixa temporal do programa
  7. Cambio de programa
  8. Baixa definitiva do programa

1. Primeiro ano académico

  • No momento da matrícula: Asignación de titor/a e director/a de tese.

    A CAPD asignará ao/á alumno/a un/unha titor/a e un/unha director/a que serán, por defecto, os que asinen o anteproxecto presentado xunta a solicitude de matrícula.

  • No momento da matrícula: Solicitude de dedicación a tempo parcial

    Coincidindo co período ordinario de matrícula, o/a doutorando/a que reúna os requisitos necesarios debe solicitar a condición de alumno/a a tempo parcial á CAPD, xunto cos documentos xustificativos pertinentes.

  • Despois da matrícula: Documento de compromiso documental de supervisión

    Durante a formalización da matrícula, o/a doutorando/a debe validar un compromiso de supervisión, que será posteriormente verificado pola CAPD.
    O compromiso documental de supervisión é un documento que especifica a relación académica entre as partes, os seus dereitos e deberes, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración e as condicións nas que se publicará a tese de doutoramento.

  • Aproximadamente 6 meses despois da matrícula: Presentación do Plan de investigación e do Plan de formación persoal

    Antes da finalización do primeiro ano, contado desde a data da matrícula, segundo o prazo estabelecido cada curso no Calendario Académico de Estudos de Doutoramento da UDC, o/a doutorando/a subirá á súa Secretaría Virtual o Plan de Investigación e un Plan de formación persoal. O contido do Plan de investigación é o mesmo que o modelo utilizado para o anteproxecto empregado para solicitar a admisión no programa. O Plan de formación persoal incluirá unha previsión das distintas actividades formativas que se desenvolverán durante a tese de doutoramento (cursos, impartición de seminarios, accións de mobilidade…) que poderá modificarse durante a realización da tese. Ambos plans deben ser avalados co informe do/a titor/a e do/a director/a, tamén a través da Secretaría Virtual no mesmo prazo, a fin de que poidan ser avaliados positivamente pola CAPD

  • Segunda quincena de setembro: Avaliación anual do plan de investigación

    Finalizado o ano académico, na segunda quincena do mes de setembro, a CAPD procederá a realizar a avaliación anual de todos/as os/as doutorandos/as matriculados/as no programa.
    Antes dese prazo, cada alumno/a debe solicitar a súa avaliación pola CADP a través da Secretaría Virtual e, posteriormente, debe ser avaliado polo seu titor/a.
    Para alumnos/as de primeiro ano, a avaliación anual positiva requirirá:

    • Ter completados e aprobados pola CAPD todos os trámites anteriores.
    • Contar, se procede, co informe favorable dun Comité de Ética de Investigación acreditado para a realización do Plan de Investigación, segundo o referido polo seu titor/a na avaliación emitida. O ditame favorable engadirase ao Documento de Actividades do segundo ano a través da Secretaría Virtual.

2. Segundo ano académico

No segundo ano do programa, correspondente ao período do ano académico que se inicia sempre n mes de outubro, debense realizar as seguintes tarefas:

  • Matrícula de continuación dos estudos de doutoramento, no mes de outubro, polo que debe consultar o calendario de admisión e matrícula oficial para saber o período exacto de matrícula.
  • Se a súa AVALIACIÓN ANUAL do curso previo foi negativa, ten un prazo ata o mes de marzo para modificar o plan de investigación ou o documento de actividades, para ser avaliado novamente pola CAPD.
  • As actividades científicas relacionadas coa súa tese durante este segundo ano académico debe subilas ao Documento de Actividades a través da secretaría virtual, antes do 15 de setembro e, igualmente, deben ser validadas coa sinatura do seu titor e/ou director de tese. Isto é imprescindible para que a CAPD poida realizar a AVALIACIÓN ANUAL de forma favorable a finais do mes de setembro.
  • É importante que saiba que, para que a CAPD poida darlle unha avaliación favorable neste segundo ano dos seus estudos do doutoramento, debe ter presentado e aprobado o seu proxecto de investigación por un comité de ética da investigación acreditado e presentar por escrito ou subir este documento ao seu expediente. Se, polas características da investigación desenvolvida, non fose preceptivo solicitar a devandita autorización, o seu director/titor debe indicalo explicitamente na avaliación anual a través da secretaría virtual.

3. Terceiro ano académico e seguintes

No terceiro ano do programa e seguintes, débense realizar as seguintes tarefas:

  • Matrícula de continuación dos estudos de doutoramento, adoita ser no mes de outubro, polo que debe consultar o calendario oficial para saber o período exacto de matrícula.
  • Se a súa AVALIACIÓN ANUAL do curso previo foi negativa, ten un prazo ata o mes de marzo para modificar o plan de investigación ou o documento de actividades, para ser avaliado novamente pola CAPD.
  • As actividades científicas relacionadas coa súa tese durante o ano académico correspondente debe subilas ao Documento de Actividades a través da Secretaría Virtual antes do 15 de setembro e, igualmente, deben ser validadas coa sinatura do seu titor e/ou director de tese. Isto é imprescindible para que a CAPD poida realizar a AVALIACIÓN ANUAL de forma favorable a finais do mes de setembro.

Lembre que cómpre subir o plan de investigación e o documento de actividades, exclusivamente a través da Secretaria Virtual.

4. Dedicación a tempo parcial

Os/as alumnos/as que reúnan os motivos de carácter familiar ou persoal necesarios poderán matricularse a tempo parcial. Esta condición débese solicitar cada curso académico á CAPD coincidindo cos períodos ordinarios de matrícula. Esta solicitude debe ir acompañada dos documentos xustificativos pertinentes.

Segundo o estabelecido na normativa, a condición de doutoramento/a a tempo parcial outorgarase ante algún dos seguintes motivos:

  1. Motivos de carácter laboral: serán preferentemente situacións de carácter fixo ou estable. Non se terán en conta situacións eventuais, como contratos temporais, contratos en prácticas ou bolsas de colaboración cunha duración inferior a seis meses
  2. Motivos de carácter familiar ou persoal: inclúen, entre outras, situacións de dependencia, coidado de persoas maiores ou fillos/as discapacitados/as, familia numerosa con fillos/as en idade escolar e situacións de violencia de xénero
  3. Un grao de discapacidade superior ao 33%

 

5. Prórrogas

Se o depósito da tese doutoral non vai poder realizarse transcorrido o prazo máximo estabelecido (4 anos a tempo completo ou 7 anos a tempo parcial), poderase solicitar á CAPD a prórroga do devandito prazo, durante os meses de xuño a agosto do curso académico no que este venza.

A solicitude de prórrogas realízase a través da Secretaría Virtual polo/a alumno/a e ha ser informada favorablemente polo/a titor/a polo mesmo medio.

A prórroga será por 1 ano no caso de matrícula a tempo completo e de 2 anos no caso de matrícula a tempo parcial.

A prórroga poderá autorizarse por un plazo dun ano máis.

 

6. Baixa temporal do programa de doutoramento

En calquera momento, poderá solicitarse á CAPD a baixa temporal no programa por enfermidade, embarazo ou calquera outra causa prevista pola normativa vixente, por un período máximo dun ano, ampliable ata un ano máis.

As actividades desenvolvidas durante a baixa temporal non poderán incluírse no documento de actividades. Así mesmo, os períodos de baixa temporal no programa non computarán no prazo de desenvolvemento da tese.

 

7. Cambio de programa

En calquera momento, poderá solicitarse á CAPD o cambio a outro programa de doutoramento. Este cambio deberá ser posteriormente autorizado pola EIDUDC tras valorar a solicitude xustificada do/a doutorando/a e os informes das CAPD dos programas implicados. O cambio de programa só será efectivo se o/a doutorando/a cumpre os requisitos de admisión noutro programa e é admitido nel. O cambio implicará a baixa definitiva no Programa de Doutoramento de Ciencias da Saúde.

 

8. Baixa definitiva do programa de doutoramento

En calquera momento, poderá solicitarse en calquera momento á CAPD a baixa voluntaria no programa.