Admisión

Admisión

O período de solicitude de admisión debe consultarse cada ano, pero ábrese sobre o 8 de agosto e péchase sobre o 15 de setembro. O calendario oficial de admisión e matrícula en programas de doutorado da UDC para cada curso académico pode consultarse en https://www.udc.es/es/eid/admision/.

A Comisión Académica do Programa de Doutorado (CAPD) en Ciencias da Saúde acordou que para estudiar as solicitudes, éstas deben cumprir cos seguintes requerimientos:

  • A solicitude de admisión debe adxuntar un anteproxecto de tese avalado por un doutor
  • A lo menos un dos directores debe formar parte do profesorado do programa de doutorado que figure na listaxe
  • A proposta de anteproxecto debe estar adscrita a una das liñas de investigación establecidas no programa de doutorado
  • Os directores deben acreditar cumprir cos requisitos establecidos para poder dirixir teses según o REDUDC. Se se propoñe un codirector que non forma parte do programa debe presentarse o formulario establecido de que cumpre os criterios para poder dirixir teses establecidos polo REDUC. Se na UADI (unidad administrativa encargada do Programa) xa se dispón desta acreditación, non é necesario volver a entregala, coma é o caso de tódolos profesores do programa

¿Cómo realizar a solicitude de admisión no Programa?

A solicitude debe formalizarse en DOUS PASOS:

PASO 1

A través da SECRETARÍA VIRTUAL da UDC (https://matricula.udc.es/Secretaria/Login.asp).

  • Para acceder á secretaría, se xa foi alumno da UDC, debe empregarse o usuario e contrasinal do que se dispón
  • Se non foi alumno da UDC, debe crearse un usuario e realizar a solicitude

PASO 2

Dende a secretaría virtual xérase un documento que debe ser entregado personalmente na UADI, xunto coa seguinte documentación:

  • Anteproxecto de tese, avalado por un profesor do programa
  • No seu caso, formulario do director ou codirector acreditativo de cumprir cos requisitos establecidos para poder dirixir teses
  • Copia do DNI ou pasaporte.
  • Copia cotexada dos títulos universitarios oficiais que den acceso aos estudos de doutorado. A UADI pode cotexar a documentación cando a recibe
  • Certificación académica oficial dos estudos cursados
  • No seu caso, certificación do órgano competente de ter obtido a evaluación positiva de formación sanitaria especializada, polo menos de dous anos, nun programa para a obtención do título oficial dalguna das especialidades en Ciencias da Saúde