Acceso

Acceso

Criterios de acceso xerais a programas de doutoramento:
As persoas que pretendan acceder a un programa de doutoramento deberán reunir as condicións de acceso establecidas no RD 99/2011 (modificado no RD 576/2023) e solicitar a admisión nos prazos establecidos na correspondente convocatoria.

Criterios específicos do programa de doutorado en Ciencias da Saúde:
Seguindo a normativa vixente, unha vez cumpridos os requerimentos detallados no apartado anterior, coma requisito adicional específico, requírese un perfil de ingreso principalmente orientado a titulacións universitarias no eido das Ciencias da Saúde.
No Programa de Doutorado en Ciencias da Saúde, é requisito imprescindible, para poder proceder ao depósito e defensa da tese doutoral:

  1. Ter publicado, durante o periodo de matrícula no programa, parte dos resultados derivados do proxecto de tese nunha revista científica indexada no Journal Citation Reports (JCR)
  2. Ter asistido e participado, durante o periodo de matrícula no programa, en polo menos un evento científico (congreso, xornada, seminario, ciclos de conferencia,…) de ámbito autonómico, nacional e/ou internacional relacionado coa liña de investigación da tese
  3. Ter participado nas Xornadas de Presentación e Seguimento de Teses organizadas anualmente polo programa, durante algún dos tres primeiros anos de matrícula no doutoramento